Xoves 6 de xuño. Ano 2024. Toca despedirse e para a derradeira sesión do noso Club Lector fixemos unha posta en común das lecturas grandes e leres pequenos que nos tocaron algunha fibra este ano. Paixón irrefrenable no caso de Nico, arte plasmada nas mans de Cecilia, anaquiños debullados por Carlota, Ana Antía, Iria, Luna, Sara. E dun xeito moi especial, a pintura que nos fixo chegar Liliana, que supón o peche máis brillante posible para as nosas xuntanzas. Remata un ano máis o noso Lemendiño e aquí no Instituto quedaremos algúns e algunhas. Outras, como Sara e Liliana marchan a outros centros, e soamente nos queda dicir GRAZAS por todo o compartido, por todo o vivido. A elas, que marchan, e a toda a xente do Mendiño, desexamos un bo verán. SAÚDE E BOAS LECTURAS!
Neste CLUB DE LECTURA 2024/25 fixemos unha actividade/xuntanza ao mes desde outubro até xuño. O Club de Lectura estivo coordinado por Olga Nogueira (profesora de Lingua galega e literatura) e Maxi Piñeiro (profesor de Bioloxía) en perfecta simbiose. Na primeira avaliación reflexionamos sobre as lecturas que queriamos facer e lemos O libro do dragom , ópera prima do profesor doutor da Universidade da Coruña, o redondelán ROBERTO SAMARTIM . Unha obra poética intensa e moi centrada na nosa vila, absoluta protagonista no libro, así como o paso do tempo e as moitas dimensións da comunidade. Despois de ler o libro tivemos o pracer de contar co autor no noso instituto. Con el falamos no Salón de Actos, nunha multitudinaria presentación, que contou cunha introdución á obra feita co alumnado de 2º ESO, en colaboración do Departamento de Música e de Plástica. Tamén lle fixemos unha entrevista para a Radio Escolar que podedes escoitar aquí . E rematamos o ano lendo ...
Comentarios
Publicar un comentario