Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Calvino

1.- Cidades, deseños, banda deseñada

Imaxe
  Na segunda sesión do noso Club de Lectura compartimos as nosas novas creacións arredor das Cidades invisibles de Calvino, e tamén vimo outras feitas por deseñadoras e deseñadores que se inspiraron na xenial obra dese italiano xenial que xa forma parte da familia de Lemendiño. Na parte final da sesión, presentamos algunha das suxerencias de BD das que nos falaron nas xornadas de Bibliotecas Escolares de Santiago de Compostela.  

0.- Curso novo, enigma novo, vellas coñecidas.

Imaxe
 Damos inicio ao noso Club de Lectura do curso 2023-24. Coma o ano pasado, comezamos cun misterio que nos levou a unhas vellas coñecidas: As cidades invisibles de Calvino. Puidemos ver os deseños feitos polas participantes o ano pasado e tamén abrimos a posibilidade de facer cousas novas.   Por suposto, o chocolate e os churros subministrados amablemente polo noso colega lector-camareiro, Fon, estaban deliciosos. Comeza o Lemendiño 23/24!

Sesión I. A nosa cidade invisible

 O 3 de novembro tivemos a nosa segunda sesión do Club Lector. Nela recollimos as creacións feitas a partir dos fragamentos das Cidades invisibles de Italo Calvino. Podes ver os resultados na presentación que se inclúe nesta entrada (aínda que o elevado grao de perfeccionismo dalgunha das participantes levou a que solicitasen máis tempo...) Moitas grazas a todas e todos por participar.