Entradas

Mostrando las entradas de marzo, 2023

SESIÓN VI: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Imagen
 No día de onte celebramos no noso Club de Lectura o Día Mundial da poesía. O 21 de marzo de 1999 a UNESCO fixou esta conmemoración para "apoiar a diversidade lingüística mediante a expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo." No Lemendiño vimos os poemas en lingua galega, castelá e portuguesa que repartimos na sesión anterior, e que tiñan todas unha estrutura determinada por un avión.  Nesta última sesión desvelamos o motivo de que toda a poesía estivese aerotransportada, coa lectura do artigo de Santiago Gamboa que podes ver na imaxe. Gamboa fala de traxedias e esperanzas, de poesía e de avións, de arte e de tormentas.

Sesión V: Encontro con Eva Mejuto

Imagen
 Hoxe tivemos a sorte de contar con Eva Mejuto no noso Club Lector. Escritora, editora e xornalista compartiu con nós as lecturas que deixaron pegada nela cando estaba no Instituto, en Sanxenxo. Falounos de letras e de historias, falounos de lembranzas e de libros. Falounos tamén de como se lle chama ao bordo da empanada... E deixounos dúas recomendacións que podes ver nas fotos da sesión.  Moitas grazas por todo, Eva!