Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta BD

7.- ...E rematamos por este curso!

Imaxe
  Xoves 6 de xuño. Ano 2024. Toca despedirse e para a derradeira sesión do noso Club Lector fixemos unha posta en común das lecturas grandes e leres pequenos que nos tocaron algunha fibra este ano. Paixón irrefrenable no caso de Nico, arte plasmada nas mans de Cecilia, anaquiños debullados por Carlota, Ana Antía, Iria, Luna, Sara. E dun xeito moi especial, a pintura que nos fixo chegar Liliana, que supón o peche máis brillante posible para as nosas xuntanzas.  Remata un ano máis o noso Lemendiño e aquí no Instituto quedaremos algúns e algunhas. Outras, como Sara e Liliana marchan a outros centros, e soamente nos queda dicir GRAZAS por todo o compartido, por todo o vivido. A elas, que marchan, e a toda a xente do Mendiño, desexamos un bo verán. SAÚDE E BOAS LECTURAS!

6.- BANDA DESEÑADA, DESEÑA, CAMIÑO DO FINAL

Imaxe
  Onte tivemos a penúltima sesión do Lemendiño deste ano. Para a derradeira, levamos un espazo de libre recreación ao que nos convida unha viñeta do noso Liniers... Todos os libros teñen forma de porta por algo, e buscaremos abrir e amosar as cousas que fomos atopando este curso e que, dalgún xeito, chamaron á nosa porta...

1.- Cidades, deseños, banda deseñada

Imaxe
  Na segunda sesión do noso Club de Lectura compartimos as nosas novas creacións arredor das Cidades invisibles de Calvino, e tamén vimo outras feitas por deseñadoras e deseñadores que se inspiraron na xenial obra dese italiano xenial que xa forma parte da familia de Lemendiño. Na parte final da sesión, presentamos algunha das suxerencias de BD das que nos falaron nas xornadas de Bibliotecas Escolares de Santiago de Compostela.