Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta poesía

SESIÓN 3. 27 DE FEBREIRO

Imaxe
  Hoxe tocou compartir a poesía que capturamos e metimos no sobre. Houbo un pouco de todo, pero o máis curioso é que dúas persoas coincidiron en traer anacos da música de Robe Iniesta, falecido en decembro de 2025... Polo demais, houbo todo tipo de versos. Tamén houbo un escritor que unha vez puxo en boca dun personaxe "Logo eu tamén perdín a poesía e a miña vida foi a máis gris que se poda imaxinar."  

PRIMEIRA SESIÓN DO 2026

Imaxe
  Contabamos vernos en decembro, pero distintas ocupacións que poderiamos resumir no feito de que estivemos todas e todos, alumnas e profesorado ata arriba de exames e de traballo, fixo que a sesión prevista para final de ano tivese lugar o venres 16 de xaneiro.  Trouxemos unha serie de fragmentos recollidos en cento e unha partes diferentes: libros da casa, libros da biblioteca, frases oídas ao chou... Compartimos o botín seguindo os consellos de Pennac. O misterio que nos quedara pendente era unha morea de caramelos, da que puidemos ver  o sentido e a súa relación coa triste e ao mesmo tempo marabillosa historia de amor de Félix González Torres.  E, falando  de amor, quedamos todas e todos convocados a unha vindeira sesión arredor do amor no mes de febreiro, na que se trata de encher, do máis punki ao máis empalagoso, unhas fichas de cartolina coas letras, versos, textos que máis nos digan do amor... e logo traer as fichas nuns pequenos sobres de papel manila....

7.- ...E rematamos por este curso!

Imaxe
  Xoves 6 de xuño. Ano 2024. Toca despedirse e para a derradeira sesión do noso Club Lector fixemos unha posta en común das lecturas grandes e leres pequenos que nos tocaron algunha fibra este ano. Paixón irrefrenable no caso de Nico, arte plasmada nas mans de Cecilia, anaquiños debullados por Carlota, Ana Antía, Iria, Luna, Sara. E dun xeito moi especial, a pintura que nos fixo chegar Liliana, que supón o peche máis brillante posible para as nosas xuntanzas.  Remata un ano máis o noso Lemendiño e aquí no Instituto quedaremos algúns e algunhas. Outras, como Sara e Liliana marchan a outros centros, e soamente nos queda dicir GRAZAS por todo o compartido, por todo o vivido. A elas, que marchan, e a toda a xente do Mendiño, desexamos un bo verán. SAÚDE E BOAS LECTURAS!

5.- MÁIS VERSOS, MÁIS POEMAS, MÁIS POETAS

Imaxe
   21 de marzo.  Un dos nosos días preferidos. Hai poesía Aí poesía. Árbore sen follas que da sombra. Respirar pola ferida.    

4.- VERSOS, POEMAS, POETAS

Imaxe
  Mañá venres é o día de Rosalía. A nosa sesión foi un breve encontro para compartir uns poemas da Rosalía máis grande, Rosalía de Castro. Imaxe vía DR 79.