Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta curso22-23

Sesión V: Encontro con Eva Mejuto

Imaxe
 Hoxe tivemos a sorte de contar con Eva Mejuto no noso Club Lector. Escritora, editora e xornalista compartiu con nós as lecturas que deixaron pegada nela cando estaba no Instituto, en Sanxenxo. Falounos de letras e de historias, falounos de lembranzas e de libros. Falounos tamén de como se lle chama ao bordo da empanada... E deixounos dúas recomendacións que podes ver nas fotos da sesión.  Moitas grazas por todo, Eva!

Sesión I. A nosa cidade invisible

 O 3 de novembro tivemos a nosa segunda sesión do Club Lector. Nela recollimos as creacións feitas a partir dos fragamentos das Cidades invisibles de Italo Calvino. Podes ver os resultados na presentación que se inclúe nesta entrada (aínda que o elevado grao de perfeccionismo dalgunha das participantes levou a que solicitasen máis tempo...) Moitas grazas a todas e todos por participar.

Comezamos

Imaxe