Entradas

Mostrando las entradas de junio, 2023

SESIÓN VIII: INVISIBLE LECTOR E PECHE

Imagen
   O xoves pasado tivemos a nosa derradeira sesión do Club de Lectura do curso. Desvelamos o invisible lector, repartindo os distintos e diversos artefactos lectores que fomos deixando na cafetería ao longo da semana, grazas á impagable colaboración de Fon. Puidemos ler algún dos artefactos, falar do que nos pareceu o Club de Lectura (fixemos mesmo un formulario de valoración) e compartir unhas risas aderezadas co chocolate e os churros. O chocolate aínda tiña un plus amargo para despedir a Óscar e a Mila , que cambian de centro. As portas de Lemendiño estarán sempre abertas para eles. O Clube de Lectura 22 -23 baixa o pano, pero a lectura non remata xamais...