SESIÓN VIII: INVISIBLE LECTOR E PECHE


 

 O xoves pasado tivemos a nosa derradeira sesión do Club de Lectura do curso. Desvelamos o invisible lector, repartindo os distintos e diversos artefactos lectores que fomos deixando na cafetería ao longo da semana, grazas á impagable colaboración de Fon.

Puidemos ler algún dos artefactos, falar do que nos pareceu o Club de Lectura (fixemos mesmo un formulario de valoración) e compartir unhas risas aderezadas co chocolate e os churros. O chocolate aínda tiña un plus amargo para despedir a Óscar e a Mila, que cambian de centro. As portas de Lemendiño estarán sempre abertas para eles.

O Clube de Lectura 22 -23 baixa o pano, pero a lectura non remata xamais...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

6.- BANDA DESEÑADA, DESEÑA, CAMIÑO DO FINAL