9 DE ABRIL. ARTELIXO

 


Onte saímos do instituto. É moi necesario saír dos sitios nos que estás sempre. O mundo de fóra aí está agardando por nós. Por iso agradecimos moito a invitación do colectivo artelixo a participar nunha actividade de intervención literaria nos pasos de peóns de Redondela.

Usamos fragmentos de Begoña Caamaño e anacos de poemas escollidos polas alumnas do club de lectura. Coincidimos tamén co Club de lectura do IES Pedro Floriani e todas xuntas deixamos pegada nos pasos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

7.- ...E rematamos por este curso!

Club de lectura 24/25