SESIÓN 1. DESVELAMOS OS MISTERIOS




 


Na primeira sesión do noso Club  de lectura deixabamos uns versos e un inicio de novela con ocos para que os enchesemos coas palabras que quixesemos. Hoxe desvelamos o misterio e puidemos ver, así, uns versos do chileno Óscar Hahn e o comezo da novela Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño, a autora das nosas letras deste ano.

Pero como dixo unha vez Borges, o misterio é sempre máis grande que a resolución do misterio, así que puidemos ler autenticas marabillas alternativas das nosas alumnas.

Para a vindeira sesión, propoñemos un desafío aínda maior que se pode ver nesta imaxe... que será?







Comentarios

Publicacións populares deste blog

7.- ...E rematamos por este curso!

Club de lectura 24/25

6.- BANDA DESEÑADA, DESEÑA, CAMIÑO DO FINAL