SESIÓN VII: DÍA DO LIBRO E INVISIBLE LECTOR

 

Foto club lectura día do libro

 

Con certa tardanza debido a excursións, exames e ausencias varias, adicamos a nosa sesión do Club de Lectura ao día do libro. Usamos para iso un artigo de prensa sobre o feito de ler e as dimensións impredecibles da lectura. Escribiuno Juan José Millás aló polo Día do Libro de 2004, e mellor que falar del, podes lelo completo nesta entrada (preme ler máis).

Tamén aproveitamos para propoñer a derradeira actividade do Club de Lectura: o invisible lector. Repartimos os nosos nomes ao azar e temos un mes para elaborar un artefacto lector para a persoa que nos tocou...




Comentarios

Publicacións populares deste blog

7.- ...E rematamos por este curso!

Club de lectura 24/25

SESIÓN 0. DESVELAMOS O ENIGMA