PRIMEIRA SESIÓN DO 2026
Contabamos vernos en decembro, pero distintas ocupacións que poderiamos resumir no feito de que estivemos todas e todos, alumnas e profesorado ata arriba de exames e de traballo, fixo que a sesión prevista para final de ano tivese lugar o venres 16 de xaneiro. Trouxemos unha serie de fragmentos recollidos en cento e unha partes diferentes: libros da casa, libros da biblioteca, frases oídas ao chou... Compartimos o botín seguindo os consellos de Pennac. O misterio que nos quedara pendente era unha morea de caramelos, da que puidemos ver o sentido e a súa relación coa triste e ao mesmo tempo marabillosa historia de amor de Félix González Torres. E, falando de amor, quedamos todas e todos convocados a unha vindeira sesión arredor do amor no mes de febreiro, na que se trata de encher, do máis punki ao máis empalagoso, unhas fichas de cartolina coas letras, versos, textos que máis nos digan do amor... e logo traer as fichas nuns pequenos sobres de papel manila....