SESIÓN VI: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

No día de onte celebramos no noso Club de Lectura o Día Mundial da poesía. O 21 de marzo de 1999 a UNESCO fixou esta conmemoración para "apoiar a diversidade lingüística mediante a expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo." No Lemendiño vimos os poemas en lingua galega, castelá e portuguesa que repartimos na sesión anterior, e que tiñan todas unha estrutura determinada por un avión. Nesta última sesión desvelamos o motivo de que toda a poesía estivese aerotransportada, coa lectura do artigo de Santiago Gamboa que podes ver na imaxe. Gamboa fala de traxedias e esperanzas, de poesía e de avións, de arte e de tormentas.